AREAS | ASOCIACIONISMO | CREACIÓN DUNHA ASOCIACIÓN

Estades pensando en montar unha asociación? Información e apoio nos trámites na OMIX. Os pasos a seguir son:


INSCRICIÓN NO REXISTRO XERAL DE ASOCIACIÓNS DE GALICIA

  • Solicitude dirixida ó Sr. Delegado Prov. da Consellería de Xustiza, Interior e RRLL
  • Acta de constitución por duplicado asinada 
    • Datos dos socios fundadores (nome e apelidos, nº DNI, maior de idade, nacionalidade, enderezo)
    • Denominación da asociación
    • Aprobación dos estatutos polos socios fundadores
    • Acordo para a elección da COMISIÓN XESTORA (se houbo)
  • Estatutos por duplicado asinados polos socios fundadores en tódalas páxinas
    • Denominación
    • Fins
    • Enderezo social
    • Ámbito territorial
    • Órgano directivo
    • Procedemento de admisión e perda da condición de socio
    • Dereitos e deberes dos socios
    • Patrimonio fundacional, recursos económicos previstos e límite de orzamento anual
    • Aplicación do patrimonio social el caso de disolución
    • Se é asoc. xuvenil: idade dos socios (de 14 a 29 anos)
  • Copia DNI socios fundadores
  • Taxas


SOLICITUDE DO CIF

  • Modelo 036 (Facenda)
  • Fotocopia dos estatutos
  • Fotocopia da acta na que figure o nomeamento da Xunta Directiva
  • Fotocopia do DNI do representante legal (Presidente)
  • En caso de non ir o presidente en persoa: 
    • Autorización do presidente nomeando ó representante autorizado
    • Copia do DNI do presidente
    • Fotocopia do DNI do autorizado


SOLICITUDE DE EXENCIÓN DE IVE

  • Copia da Acta de constitución
  • Copia dos Estatutos da asociación
  • Certificado de inscrición da entidade no Rexistro Central
  • Copia do CIF
  • Declaración do representante legal da entidade acreditando reunir os requisitos e condicións especificados no artigo 20.tres da Ley del Impuesto
  • En caso de non ir o presidente en persoa:
    • Autorización
    • Copia do DNI  do presidente
    • Copia do DNI do autorizado


INSCRICIÓN NOS REXISTROS DAS DIFERENTES CONSELLERÍAS

DOCUMENTACIÓN COMÚN:
  • Impreso de solicitude
  • Copia compulsada da acta de constitución
  • Copia compulsada dos Estatutos
  • Copia compulsada do Rexistro Central
  • Copia compulsada do CIF
  • Copia compulsada da acta de nomeamento da Xunta Directiva
  • Certificado do/a secretaria/o da asociación nomeando representante ó que asina a solicitude
  • Copia compulsada do DNI do que asina a solicitude
  • Xustificante de ter pagadas as taxas

Dependendo da consellería, deberase presentar unha relación de actividades a desenvolver ou documentación complementaria.


REXISTRO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS

  • Copia da acta de constitución
  • Copia dos Estatutos
  • Copia do Rexistro Central
  • Copia do CIF
  • Relación da Xunta Directiva actual


EXISTEN MODELOS DESTA DOCUMENTACIÓN NA OFICINA MUNICIPAL DE VOLUNTARIADO A DISPOSICIÓN DAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO.



Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More