AREAS | CARNÉ XOVE


Podes obte-lo teu carné xove, se tes entre 12 e 30 anos. Para poder facelo só necesitas:


  • Traer o D.N.I
  • Pagar a cota de 6 €


Unha vez tramitado, poderalo utilizar en Galicia, nos establecementos e servizos que figuren na Guía Xove Euro < 26 (podes consultala en http://xuventude.xunta.es/carne-xove.html), e nas demais comunidades autónomas, Ceuta e Melilla, así coma na maioría dos países europeos. A carné ten unha validez de 2 anos ó cabo dos cales terás que renovalo de novo na OMIX.

Que servizos che ofrece o Carné Xove EURO < 30?


  • Só por ter o Carné Xove dispós dun seguro de asistencia en viaxes.
  • Poderás participar en tódolos sorteos que se fagan dende a Dirección Xeral de Xuventude.
  • Na páxina web terás acceso a un correo electrónico de balde, á guía de servizos, ofertas puntuais dos establecementos e toda a información dos programas e actividades da Dirección Xeral de Xuventude.

ONDE O PODES FACER?

Na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Brión, na Casa da Cultura, Carballeira de Santa Minia nº5.


Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More