AREAS | EDUCACIÓN E FORMACIÓN | FORMACIÓN OCUPACIONAL


Cada ano a Xunta convoca cursos do chamado Plan AFD (Accións Formativas para Desempregados), cursos nos seus propios centros de formación ou en centros homologados (concellos, asociacións, sindicatos…)

Os cursos nos centros da Xunta empezan, normalmente, a partir do mes de febreiro/marzo. Nos centros homologados a partir de abril/maio, rematando todos como moi tarde en novembro.

A selección de alumnos faise a través das oficinas de emprego aproximadamente un mes antes do comezo do curso, polo que é preciso que as persoas interesadas estean inscritas na súa oficina nos cursos que sexan do seu interese.

Cara finais de decembro a Xunta abre o prazo de solicitude dos cursos para os centros homologados, sinalando cada ano unha serie de cursos que ese ano van ser prioritarios segundo a comarca. É convinte estar pendente desta listaxe pois é posible que os cursos nos que estemos anotados non sexan prioritarios e sexa necesario apuntarse noutros que si aparecen na listaxe.

Toda a información se pode atopar na Consellería de traballo e benestar.
http://traballo.xunta.es/portada-formacion-e-cualificacions

Se che interesa algún curso en especial é convinte que vaias consultando os cursos que se van aprobando na páxina web http://emprego.xunta.es e  te achegues, por unha parte, ó centro onde se realiza para que vexan que estás interesado e, por outra parte, á oficina de emprego para indicarlles que estás interesado nese curso en concreto.


Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More