VOLUNTARIADO | OMV





O Concello de Brión, no mes de Setembro de 1997, puxo en marcha, xunto cun grupo de concellos da provincia de A Coruña e en colaboración coa Fundación Paideia, un proxecto sobre a Implantación do voluntariado en Concellos rurais ou semiurbanos. Este proxecto plasmouse na creación, ó ano seguinte, da Oficina Municipal de Voluntariado

O obxectivo desta Oficina é o de facilitar e promove-lo voluntariado e a participación activa dos veciños na vida cultural, social, laboral e comunitaria do concello.

Co fin de conquerir este obxectivo, dende o ano 2002 estableceuse unha moi estreita colaboración entre a OMV e as distintas Entidades de Acción Voluntaria de Brión

Estas entidades son as distintas asociacións do concello que, entre os seus programas, contan coa promoción do voluntariado como un xeito de lograr unha cidadanía organizada, participativa, responsable e solidaria que colabore na detección e solución das necesidades do seu Concello.

Na Oficina Municipal de Voluntariado, situada no Centro de Servicios Sociais, e nas sedes das distintas entidades de voluntariado, está a disposición dos voluntarios unha relación das actividades nas que poden colaborar, tendo en conta as súas aptitudes e preferencias.


A OFICINA MUNICIPAL DE VOLUNTARIADO

OBXECTIVOS

Promoción do voluntariado buscando as canles axeitadas para favorece-la participación dos veciños na vida social, cultural, laboral, comunitaria do Concello


DESTINATARIOS

Maiores de 16 anos, interesados en colaborar nas distintas actividades de voluntariado que se organizan dende as diferentes entidades de voluntariado de Brión (concello e asociacións)

SERVIZOS

Promoción do voluntariado: sensibilización, información, captación, formación, programación de actividades...

Promoción do asociacionismo

ACTIVIDADES

apoio familiar

voluntariado ambiental

actividades socioculturais

apoio ó asociacionismo

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO

Luns a Venres
De 9:00 a 14:00 horas

ENTIDADES DE VOLUNTARIADO

OBXECTIVOS

Apoio na xestión administrativa e na xestión de actividades das entidades de voluntariado do Concello de Brión

DESTINATARIOS

Entidades de Voluntariado do Concello de Brión

Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More