EYE 2014


Gustaríache participar en EYE 2014- Evento Europeo da Xuventude?

 Do 15/01/2014 ata as 15.00h do 20/01/2014, ábrese un prazo para a selección de 10 mozos/as interesados/as no EYE 2014. O evento terá lugar en Estrasburgo, Francia, dentro e fóra da sede do Parlamento europeo, do 9 ao 11 de maio de 2014


Que é EYE 2014?

EYE 2014 é o Evento Europeo da Xuventude. O Parlamento europeo abre as súas portas a miles de mozos de toda a UE e convídaos a se reuniren con responsables políticos e persoas con ampla experiencia profesional para intercambiaren ideas e perspectivas sobre cuestións relacionadas coa mocidade, procuraren solucións innovadoras a elementos cruciais para o futuro e experimentaren a rica diversidade cultural da Unión Europea a través da posta en escena de diversos espectáculos culturais.


Máis información sobre EYE 2014: http://www.europarl.europa.eu/eye2014/en/news/news.html


A Comisión EYE do Parlamento Europeo seleccionará de entre as candidaturas aqueles grupos que participarán no evento.


CONVOCATORIA

Para estes efectos e como entidades organizadoras, Europe Direct A Coruña, Universidade da Coruña, Fundación Galicia Europa e Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude do Concello da Coruña abren esta convocatoria para conformar a candidatura que será sometida á selección da Comisión da U.E. nos seguintes termos:

Obxectivo: selección dun grupo de 15 mozos/as (10 TITULARES e 5 SUPLENTES) para formar o grupo que participe en EYE.

 Financiamento: as entidades organizadoras comprométense a sufragar os gastos de transporte, aloxamento e manutención correspondentes aos 3 días que duran as actividades obxecto desta convocatoria.

Persoas destinatarias: 10 mozos/as residentes en Galicia con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.

+Info: http://www.coruna.es/servlet/Satellite?pagename=Nex/Page/Nex-Generica&cid=1207120231244&argIdioma=gl&itemID=1389751975624&itemType=Suceso


0 comentarios:

Publicar un comentario

Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More