PRÁCTICAS LABORAIS EN ALEMANIA


A Fundación Paideia Galiza está interesada en impulsar o acceso ao emprego de mozos e mozas. Cremos que un dos aspectos fundamentais é mellorar o CV formativo e os coñecementos lingüísticos. Por tanto,  poñemonos en contacto contigo para comunicarche que saiu unha  nova convocatoria do programa La IDA (prácticas formativas en Alemania). Nesta ocación, está dirixida a mozos e mozas entre 18 e 30 anos en situación de mais de seis meses de desemprego. Todas as titulacións son posibles, sen embargo, priorizaráse os mozos e mozas con ciclo medio – superior de formación ou sen formación. Seleccionaránse entre 10 – 20 persoas. A saída do grupo está prevista para Marzo. Adxuntamos as características e requisitos desta convocatoria.

Podedes facer difusión da convocatoria para chegar os mozos e mozas interesados/as en participar na fase de selección do programa, para iso deben manisfestar o seu interés enviando o seu CV Europass antes do 20 de Xaneiro do 2014 nesta dirección electrónica: laida@paideia.es

Podes encontrar máis información na web, no documento adxunto e no apartado de proxectos da nosa web: www.paideia.es

0 comentarios:

Publicar un comentario

Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More