COMPETENCIAS CLAVE DE NIVEL 2

Queres facer cursos para desempregados e non tes a ESO nin o Bacharelato? Prepara as competencias clave e poderás acceder aos cursos do nivel correspondente.

O luns 24 de febreiro empezamos aquí en Brión con un curso para preparar as competencias clave de nivel 2 para poder acceder aos cursos para desempregados dese nivel.

As clases van ser os luns e mércores de 10.30 a 12 e os venres de 10.30 a 11.30 horas, no Centro Social Polivalente.

Prepararanse as competencias de:
- competencia en lingua galega
- competencia en lingua castelá
- competencia en lingua inglesa
- competencia matemática

e a maiores informática básica.

A cota para participar no curso é de 10 euros ao mes, os exames van ser no mes de abril polo que habería que abonar 2 meses.

+Info: Casa da Cultura, tlf.: 981 509 908

0 comentarios:

Publicar un comentario

Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More