Prazo: 30 de maio
+Info: http://en.unesco.org/ifpc/
Un ano máis o Concello de Brión colaborou co clube ciclista Os esfola arrós na II edición da marcha btt que tivo como prato forte a subida ao Rubial, ainda que non desmereceron tampouco as intensas baixadas e trialeras que este ano congregaron entorna a 400 ciclistas.
O pasado día 12 de Febreiro a Asociación O esquio no piñeiro, organizou unha plantación de castiñeiros no novo parque que se está a construir á beira da saída da autovía, fronte ao campo de fúbol. A idea foi plantalos castiñeiros e logo que cada un apadriñara un para botarlle ollo de vez en cando.
Éramos poucos pero bos. O concerto de The Homens do mes de abril foi realmente sorprendente. Unha pena que nono disfrutaran máis mozos. E eso de que para facer unha canción xa non necesites nin tan sequera instrumentos a min, personalmente, deixoume abraiada!
Rapaces, mozos e non tan mozos, a todos nos une un mesmo afán, andar e andar durante 8, 12, 27 quilómetros por camiños ás veces inventados para chegar a non se sabe onde, cansados pero satisfeitos por ter superado a ruta e ter visto o mellor da nosa natureza, e se non que llo pregunten ós mozos de primeiro da ESO do IES de Brión que en abril coñeceron un pouco mellor a parroquia de Ons.