CICLO DE CINE AMBIENTAL BUTACA VERDE

O CEIDA, a través do seu Centro de Documentación Ambiental, acaba de poñer en marcha unha nova edición do Ciclo de Cine Ambiental e Solidario Butaca Verde, co fin de facilitar a realización de actividades de carácter ambiental en todas as entidades ou colectivos galegos que o soliciten, e provocar así a reflexión necesaria na cidadanía sobre o noso estilo de vida, adoptando condutas diarias máis sostibles e responsables con nós e co planeta.
Esta actividade oferta cinco ciclos de cine diferentes compostos por tres documentais cada un e que recollen algunhas das principais problemáticas ambientais e sociais dos nosos días. Poden solicitalos todas aquelas persoas ou entidades (concellos, centros educativos, asociacións, entidades culturais, etc.) que dispoñan dun espazo habilitado para as proxecións, que deberán realizarse de maneira pública e gratuita.
Os ciclos de cine poden solicitarse en préstamo por un prazo de 20 días (incluindo os días de envío), e a cesión das películas ás entidades solicitantes é totalmente gratuita, facéndose cargo únicamente dos gastos de envío.

Pode consultar os documentais dispoñibles en cada ciclo na seguinte ligazón:

http://www.ceida.org/concellos/butaca-verde.html

0 comentarios:

Publicar un comentario

Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More