Estades pensando en montar unha asociación? Información e apoio nos trámites na OMIX. Os pasos a seguir son:
INSCRICIÓN NO REXISTRO XERAL DE ASOCIACIÓNS DE GALICIA
- Solicitude dirixida ó Sr. Delegado Prov. da Consellería de Xustiza, Interior e RRLL
- Acta de constitución por duplicado asinada
- Datos dos socios fundadores (nome e apelidos, nº DNI, maior de idade, nacionalidade, enderezo)
- Denominación da asociación
- Aprobación dos estatutos polos socios fundadores
- Acordo para a elección da COMISIÓN XESTORA (se houbo)
- Estatutos por duplicado asinados polos socios fundadores en tódalas páxinas
- Denominación
- Fins
- Enderezo social
- Ámbito territorial
- Órgano directivo
- Procedemento de admisión e perda da condición de socio
- Dereitos e deberes dos socios
- Patrimonio fundacional, recursos económicos previstos e límite de orzamento anual
- Aplicación do patrimonio social el caso de disolución
- Se é asoc. xuvenil: idade dos socios (de 14 a 29 anos)
- Copia DNI socios fundadores
- Taxas
SOLICITUDE DO CIF
- Modelo 036 (Facenda)
- Fotocopia dos estatutos
- Fotocopia da acta na que figure o nomeamento da Xunta Directiva
- Fotocopia do DNI do representante legal (Presidente)
- En caso de non ir o presidente en persoa:
- Autorización do presidente nomeando ó representante autorizado
- Copia do DNI do presidente
- Fotocopia do DNI do autorizado
SOLICITUDE DE EXENCIÓN DE IVE
- Copia da Acta de constitución
- Copia dos Estatutos da asociación
- Certificado de inscrición da entidade no Rexistro Central
- Copia do CIF
- Declaración do representante legal da entidade acreditando reunir os requisitos e condicións especificados no artigo 20.tres da Ley del Impuesto
- En caso de non ir o presidente en persoa:
- Autorización
- Copia do DNI do presidente
- Copia do DNI do autorizado
INSCRICIÓN NOS REXISTROS DAS DIFERENTES CONSELLERÍAS
DOCUMENTACIÓN COMÚN:
- Impreso de solicitude
- Copia compulsada da acta de constitución
- Copia compulsada dos Estatutos
- Copia compulsada do Rexistro Central
- Copia compulsada do CIF
- Copia compulsada da acta de nomeamento da Xunta Directiva
- Certificado do/a secretaria/o da asociación nomeando representante ó que asina a solicitude
- Copia compulsada do DNI do que asina a solicitude
- Xustificante de ter pagadas as taxas
Dependendo da consellería, deberase presentar unha relación de actividades a desenvolver ou documentación complementaria.
REXISTRO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS
- Copia da acta de constitución
- Copia dos Estatutos
- Copia do Rexistro Central
- Copia do CIF
- Relación da Xunta Directiva actual
EXISTEN MODELOS DESTA DOCUMENTACIÓN NA OFICINA MUNICIPAL DE VOLUNTARIADO A DISPOSICIÓN DAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO.